Sábado. 19.09.2020
El tiempo

Máis de 600 empresas participan no ambicioso Plan de Reactivación dos ADL da Costa da Morte

Reunion telematica dos ADL da Costa da Morte
Reunion telematica dos ADL da Costa da Morte
Máis de 600 empresas participan no ambicioso Plan de Reactivación dos ADL da Costa da Morte
Continúan traballando arreo no chamado “Plan de Reactivación” os Axentes de Desenvolvemento Local de 14 concellos da comarca (Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Camariñas, Vimianzo, Zas, Muxía, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos e Carnota), co apoio da Deputación e da estrutura de Afiprodel.

A pasada semana estiverton recolllendo información de cara a definir os retos, as liñas estratéxicas e as accións a desenvolver. Para iso realizaron unha serie de enquisas a empresas dos 14 concellos e a técnicos das áreas de Desenvolvemento Local, e responderon nada menos que 604 empresas e 18 técnicos. Unha colaboración que valoran moi positivamente os axentes.

Nesta fase de diagnóstico, observan que “a Costa da Morte estaba nun momento de recuperación da actividade económica plasmado en aumento da afiliación e diminución do paro ata o mes de febreiro”.

Perfílanse catro retos de futuro

A investigación levada a cabo e as achegas recibidas permiten definir catro retos para o plan de acción:

  • 1) Economía e emprego. Trátase de conseguir que se recuperen e manteñan a actividade económica e o emprego a través da satisfación das vellas e novas demandas e con base nos recursos do territorio e as súas características.
  • 2) Territorio. Trátase de desenvolver o potencial do noso territorio como espazo no que asentarse e creador de riqueza, tendo en conta o seu carácter rural e costeiro.
  • 3) Demografía. Débese mellorar a estructura demográfica, caracterizada por unha alta porcentaxe de persoas xubiladas, para facer sostible o territorio.
  • 4) Sociedade artellada. Preténdese asentar un novo modelo de xestión, que incorpore a todos os axentes da cadea de valor do territorio, para que exista cooperación e se creen sinerxias.

Definíronse cinco liñas estratéxicas

Para acadar eses retos estase traballando na definición de accións e propostas a corto, medio e longro prazo, nas seguintes liñas estratéxicas:

  • 1) Talento. Activar o telento das persas do territorio e de fora para ecamiñar un futuro sostible económica, social e mediambientalmente, a través da participación, a implicación profesional e política e o recoñecemento.
  • 2) Gobernanza. Idear redes e ferramentas de colaboración que creen sinerxias entre concellos, empresariado, asociacións, outras administracións públicas e a sociedade en xeral.
  • 3) Reactivación da actividade económica. Reactiviar a actividade empresarial e o nivel de emprego, facilitando a reconversión dos negocios para que se adapten ao novo paradigma.
  • 4) Consumo e comercio de proximidade. Concienciar á poboación para que consuma produtos e servizos producidos, creados e suministrados polas empresas locais.
  • 5) Valorización do rural. Potenciar o asentamento de persoas e de empresas e o uso do rural para actividades diversas.

Directrices

As directrices establecidas polo comité técnico para a elaboración deste plan son as seguintes:

  • Plan realista e realizable. Téñense en conta as capacidades técnicas e financeiras das entidades impulsoras.
  • Realidade socioeconómica. Tense en conta a realidade socioeconómica do territorio, as súas características propias, os seus puntos fortes e debilidades.
  • Impacto do COVID-19. Considérase como incide a crise sanitaria no territorio e as súas consecuencias na actividade económica e no emprego.
  • Intelixencia colectiva. Búscase a implicación de axentes locais e supralocais, públicos e privados para que acheguen os seus coñecementos, a súa experiencia e a súa visión de futuro.
  • Recursos locais. O plan debe adaptarse á capacidade e recursos dos concellos e os axentes que colaboren na súa implementación.
  • Propostas. Inclúense no plan as propostas a outros entes ou administracións para os asuntos que non se poidan acometer desde a administración local.
  • Visión a corto, medio e longo prazo. Téñense en conta as problemáticas socioeconómicas que é necesario acometer no corto prazo, pero tamén se trata de ter unha visión a medio e longo prazo que contribúa á consolidación da actividade económica e do emprego.
  • Efecto psicolóxico. A incertidume, a vulnerabilidade e todos os sentimentos que a situación desencadea inflúen negativamente no estado de ánimo das persoas, por iso é importante pasar á acción, ofrecer solucións e aproveitar as ganas de volver á normalidade e buscar un futuro máis seguro.
 

Novas relacionadas

Máis novas

comentarios