martes. 23.09.2025
El tiempo

O BNG de Laxe leva a pleno que se declare festa de interés turístico a Romaría dos Milagres de Traba

Romaria dos Milagros de Traba-Laxe
O BNG de Laxe leva a pleno que se declare festa de interés turístico a Romaría dos Milagres de Traba

O vindeiro xoves 25 reunirase o pleno ordinario da corporación local laxense, e nesta ocasión o grupo municipal do BNG leva unha moción para a declaración de fensta de interese turístico esta senlleira romaría. Entendemos desde o BNG de Laxe que, a romaría dos Milagres de Traba cumpre con todo o requerido no artigo 3 do DECRETO 4/2015, do 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia, que recolle os requisitos para dito nomeamento.

O grupo municipal propon ao pleno a adopción do acordo de solicitarlle á Xunta de Galicia o inicio dos correspondentes trámites para declarar a Romaría dos Milagres de Traba Festa de Interés Turístico de Galicia, tan senlleira non só nesta importante parroquia do concello laxense, se non para a veciñanza de todo arredor.

Comentarios