Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A caravana estatal do Salvamento e o Socorrismo instálase en Bergantiños

Campionato Socorrismo en Laxe-Foto-Vitor de Mira 1
Campionato de España de Salvamento e Socorrismo na praia de Laxe-Foto-Vitor de Mira
A caravana estatal do Salvamento e o Socorrismo instálase en Bergantiños

Viviu a praia Laxe unha fin de semana desas de cheo. O sábado foi o sol nunha xornada de temperaturas desas das que non se recordan, o que provocou que o areal estivese verdadeiramente ateigado. O domingo entrou a néboa, e menos mal, porque arrincaba o Campionatos de España de Salvamento e Socorrismo Base, e a estampa, en canto ao aforo, era semellante.

Praia de Laxe nun dia de calor 2O sábado foi un auténtico día de verán no areal

A praia laxense acolle esta proba artellada polas Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo e da Federación Galega de Salvamento e Socorrismo, que comezaba onte e que continuará os 19 e 20, antes de dar o relevo a Carballo.

Esta finde tiveron lugar as probas de Infantil e Cadete e luns e martes toca Xuvenil e Junior.

A cita acolle 750 deportistas, de 33 clubs de toda España, o que representan un perfecto impulso para o sector hostaleiro.

Campionato Socorrismo en Laxe-Foto-Vitor de Mira

Campionato de España en Carballo 16072021 cto_salvamento (2)
Francisco Cano Noguera, portavoz da Federación Española e director de prevención e seguridade; Daniel Vila Recarey, director deportivo da Federación Galega; Javier Souto Facal, coordinador de Protección Civil, e Evencio Ferrero, alcalde de Carballo na presentación do cartel

Sen tempo a descansar, a caravana desprázase estes días 22 e 23 a Razo. A praia carballesa acolle o Campionato de España de Verán de Salvamento e Socorrismo na categoría absoluta.

O campionato de salvamento e socorrismo reunirá en Razo a 262 deportistas (114 mulleres e 148 homes) de 33 clubs de toda España. “Recuperamos a participación previa á pandemia. O ano pasado apostamos pola competición e fixemos campionatos, pero loxicamente a inscrición foi bastante menor, e este campionato volve a cifras pre-pandemia”, subliñou Francisco Cano. A competición comezará o xoves 22 ás 09:00 horas, seguindo todos os protocolos.

cartel_cto_españa

Novas relacionadas

Comentarios