martes. 03.03.2026
El tiempo

Un cento de comensais e moita historia rescatada para o Cocido veciñal de Serantes

Cocido Vecinal de Serantes Laxe
Un cento de comensais e moita historia rescatada para o Cocido veciñal de Serantes

Esta pasada fin de semana celebrouse no local social unha das citas máis importantes do ano para a parroquia de Serantes: o cocido veciñal, no que participaron 95 persoas entre socios, socias e membros da directiva.

Como vén sendo habitual, a xornada comezou dende primeira hora da mañá, cando as veciñas do pobo se xuntaron na cociña do local social para preparar de maneira colectiva o cocido para toda a veciñanza. Ás dúas da tarde sumouse o resto dos veciños e veciñas para compartir a comida, e a partir de aí a xornada continuou cunha tarde de convivencia, conversa e sobremesa.

Cocido vecinal de Serantes en Laxe 2

A principal novidade deste ano foi a colaboración con Ágora Rural, que participou no encontro iniciando unha actividade de dixitalización de fotografías antigas e recordos da parroquia, que se desenvolveu durante a sobremesa. As veciñas e veciños participaron nun photocall ambientado coa temática do famoso cocido e tamén achegaron imaxes antigas, que foron escaneadas no momento cos equipos do proxecto RuralTIC, permitindo non só conservar estes materiais senón tamén recoller historias e memoria da comunidade.

Cocido vecinal de Serantes recuperando a historia
Inés e Julio de Ágora Rural e do iSlow Coliving colaboración na recuperación da memoria
Screenshot
Dixitallizando a memoria de Serantes

Esta actividade tivo como obxectivo poñer en valor a memoria colectiva da parroquia e explorar a posibilidade de realizar no futuro máis xornadas deste tipo, nas que se combinen encontros veciñais coa recuperación do patrimonio inmaterial e coa adquisición de pequenas competencias técnicas en dixitalización.

Dende a Asociación de Veciños agradecen a participación de todas as persoas asistentes, así como a colaboración de Inés e Julio, de Ágora Rural, que contribuíu a enriquecer unha xornada xa de por si moi especial para o pobo de Serantes.

Cocido vecinal de Serantes

Comentarios