Colaxe acolle un novo Curso formativo gratuito de Atención a Persoas en Situación de Dependencia en Institucións Sociais

Novo Curso de Atención a Persoas en Situación de Dependencia en Institucións Sociais organizada pola empresa de formación acreditada Colaxe, dirixido específicamente a persoas ocupadas que desexen ampliar as súas competencias no coidado e atención a persoas dependentes en entornos institucionais.
Accedendo a este curso, amplíanse as posibilidades de inserción laboral xa que é un sector que actualmente está tendo unha elevada demanda de profesionais.
Co obxectivo de mellorar a calidade na atención sociosanitaria e fomentar a formación profesional no ámbito social. Este curso, de carácter teórico-práctico, capacita aos/ás participantes para prestar apoio nas actividades básicas da vida diaria, acompañamento emocional, administración de medicamentos, movilización, hixiene persoal e, outros coidados básicos da vida diaria. Ademáis inclúe formación en aspectos psicosociais, comunicación, primeiros auxilios e traballo en equipo.
A formación levarase a cabo en Laxe (Rúa Vila Amparo nº 47, baixo), dando comezo o día 16 de xuño, cunha duración total de 528 horas con transversais, incluíndo prácticas profesionais en centros colaboradores. As clases impartiranse en modalidade presencial, en horario de mañás de 9:00 a 14:00 horas.
Este curso está financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Migración sendo completamente gratuito para as persoas ocupadas que cumplan cos requisitos de acceso.
Podes solicitar praza no 981 72 83 10 ou no 679 76 14 66