Venres. 26.04.2024
El tiempo

14 emprendedoras únense ao reto Europeo de The Break para promover o turismo sostible e fixar poboación

Presentacion de The Break proxecto emprendemento Cabana 2023
A coordinadora de proxectos de PymeOn, Noelia Rodríguez e o alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño, en representación da Xeodestino e entidades territoriais.
14 emprendedoras únense ao reto Europeo de The Break para promover o turismo sostible e fixar poboación

Novo foco de emprendemento da Costa da Morte. Ademais do Polo de Emprendemento do EFA Fonteboa de Coristanco, a Oficina Acelera Pyme de Ponteceso ou os proxectos do Coworking Cabana, a bisbarra recibe desta volta o “The Break Costa da Morte”, como se anunciaba na presentación oficial celebrada esta mañá do 10 de maio na escola de Vela de Cabana.

Organizado por PymeOn, forma parte dos programas da Escola de Organización Industrial (EOI), desenvolvido por The Break Alliance e financiado cos Fondos de Próxima Xeración da Unión Europea.

“Esta é unha oportunidade para dar visibilidade ao empresas e emprendedores da Costa da Morte e intercambiar experiencias de éxito de outras partes de Europa ademais de ser un atractivo turístico”, sinalou a coordinadora do proxecto.

Promover o turismo e fixar poboación

Serán 14 empredendor@s de diferentes países europeos as que pasarán unha convivencia na comarca, intercambiando experiencias con empresas, entidades e emprendedores da zona. Os emprendedor@s chegarán o sábado 20 de maio e durante tres semanas vivirán e traballarán no espazo iSlow coliving, situado en Laxe. Durante ese tempo seguirán un completo programa de actividades e traballo en rede para avanzar nos seus proxectos e xerar sinerxías con empresas locais.
Segundo comentou Noelia Rodríguez, outro dos puntos interesantes desta experiencia é que os emprendedores participarán xunto con diferentes entidades locais clave na resolución dun dobre desafío definido polas administracións local e turística do área: promover o turismo sostible que axude a fixar poboación no territorio a través de dúas oportunidades como a denominación de destino Starlight e a Vía Céltica.

Máis novas sobre emprendemento

  •  

Comentarios