Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Critican os 5 soldos que custan aos cidadán o posto do alcalde de Laxe

Jose Luis Perez Anon alcalde de Laxe
Jose Luís Pérez Añón
Critican os 5 soldos que custan aos cidadán o posto do alcalde de Laxe

Van 3 meses dende que o alcalde de Laxe, José Luis Pérez Añón, sufrira un infarto e collera a baixa. Colleu o relevo Paco Charlín, que xa leva 3 meses como alcalde en funcións.

Unha situación que chama a atención do BNG de Laxe, que rompe o seu silencio para denunciar que “os seus problemas de saúde parecen afectarlle únicamente ao seu traballo como alcalde, xa que, tal como pode comprobarse nas actas das sesións, agás ao de hoxe 25 de marzo ao que non asistíu, Pérez Añón non deixou de asistir durante este tempo aos plenos ordinarios do 28 de xaneiro e do 25 de febreiro na Deputación Provincial da Coruña”. “Pero polo Concello de Laxe non aparece”, critican.

”O alcalde cóstanos 5 soldos aos cidadáns”

Critica Xosé Manuel Pose “os 5 soldos que nos costan aos cidadáns o posto do alcalde de Laxe: As 2 medias dedicacións que segue cobrando tanto Pérez Añón tanto do concello (1.423,39 euros brutos ao mes) como do Sergas; a da súa sustitución no concello, coa alcaldía de Paco Charlín; a da súa sustitución no Sergas e a Deputación (591€ por cada pleno e 370€ por cada comisión informativa).” debulla.

Por iso, queren lembrarlle a Pérez Añón que “o seu xeito de actuar pode ser legal, e de feito éo, pero dende logo non é ético, e que representa unha falta de respecto absoluto polo pobo de Laxe, ao que lle debe o posto que ocupa tanto no Concello coma na Deputación. Agardamos que a súa saúde siga mellorando como parece que o está facendo, do cal nos alegramos, e que poida retomar canto antes as súas obrigas como máximo representante do noso concello”.

Novas relacionadas

Comentarios