Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Paco Charlín, percebeiro e alcalde de Laxe en funcións: “É complicado”

Paco Charlin alcalde en funciones de Laxe
Paco Charlín compaxina estes meses a liberdade do mar coas complicacións do despacho da alcaldía
Paco Charlín, percebeiro e alcalde de Laxe en funcións: “É complicado”

Con 44 anos, Paco Charlín é un dos percebeiros de Laxe. Pero tras levar en política dende 2011, este ano tocoulle a afrenta de tomar o mando do Concello como alcalde en funcións, substiuíndo a José Luís Pérez Añón, que se recupera durante un par de meses duns problemas de saúde.

Asume este papel coa honestidade e a prudencia dun home de mar que se mete nun despacho. Xa o ano pasado tocoulle estar un mesiño como alcalde accidental, pero “a verdade non houbo tanto revuelo”. Agora teno claro: “hai que atender no día día aos veciños, no que se poida”, consciente de que o desafío é “complicado”, a palabra que máis utiliza durante a conversa.

 
  • QPC: Bueno, que tal o levas? é axetreada a vida de alcalde, non? Máis liosa que o mar, ou non?

Non ten nada que ver unha cousa coa outra. A vida no mar é libertad, natureza, compañeiros…
Isto é outra cousa, aquí tes que estar pensando no servizo da xente para que estea contenta. É complicado, porque sabes que a todo o mundo non a podes ter contento, pero vai no cargo, e hai que saber aguantar as duras e as maduras.

 
  • QPC: Como é un día a día teu agora?

Na época do percebe dependes da marea, e sobre as 7:30h hai que saír a traballar, e volves relativamente pronto. Agora cazoume co percebe pechado, polo que temos que andar ao mar, a outras artes. Nesta época saímos ás 4:30h- 5:00h da mañá e volvemos contra as 11:00-11:30h. Así sobre as 12:00h-12:30h xa soio estar aquí (no despacho). E de aí xa tiro ata a hora de recoller ao rapaz, ás 16:30h para poder comer un ratiño antes.
E despois aínda cousas pendentes, hai que visitar algunha cousiña, visitar algún veciño… De feito, para as reunións na Xunta, por exemplo, teño que pedir que mas poñan pola tarde.
Cando era teniente alcalde algo me tocaba, pero non tanto como agora.

 
  • QPC: Que temas de actualidade tes máis importantes tes que enfrontar estes meses?

Tivemos o tema complicado da Caseta de Información Turística do paseo, que nos obrigaron a tiralas abaixo, sendo unha decisión difícil de explicarlle á xente, que algunha pensa que é culpa nosa, pero para manter a subvención non tivemos outra opción. É certo que o Kiosco xa estaba pechado e a Casa de turismo só abría no verán, así que agora, intentaremos tirar co posto informativo que temos nos baixos do Concello e co Museo do Mar.

Agora estamos co tema dos POS, que é certo que nos deron algo de menos de cartos que o ano pasado. Pensamos propoñer para o pleno asfaltar a pista de Soesto; asfaltar os aparcamentos dos cemiterios de Soesto, Enande e Sarces; e tamén asfaltar a estrada cara o cemiterio de Laxe e á praia dos Cristais.

 
  • QPC: Outros temas de máis calado como a dragaxe, como está?

Ten que acabar este verán. Só lle queda unha franxa de 3 metros pegada á lonxa. Igual ten que retocar algún punto onde as batimetrías non deran sacado o que pedían.

 
  • QPC: E que espera o sector desta obra?

Non vai arranxar o problema de todo, porque a corrida cando hai moita mar seguímola tendo. Pero xa se está notando. Levamos dúas vaghas de mar boas, unha de 8-9 metros e outra de 7, e os barcos se mantiveron. Este inverno non marchamos ningún día para Camariñas, con toda a problemática que ten, que tes que ter o tempo, estás pendiente de ter o barco alí… É certo que non tivemos un mar malo malo, pero vaise notando.

En teoría o proxecto ten 3 pasos. O primeiro é o dragado forte, non só de area. O segundo era o derribo de parte do dique comercial. E se non funcionaba, aínda había aposibilidade de acometer un dique na zona exterior de Besugueira. Pero creo que falamos de cantidade importantes e vexo moi complicado que se poidan levar a cabo todas as fases. Esperamos que funcione o dragado, e creo que está cambiando bastante.

 

Din que o inflúe o cambio de corrientes polo porto. Creo que tería unha solución fácil, pero entre Medio Ambiente, Portos, Costas, ecoloxistas… parece que as dunas non se poden nin tocar, cando hai fotos dos anos 60-70 nos que na zona cercana ao porto era chan. Entendo que a zona de aquí diante do Concello non se poden tocar, pero dende a zona da caseta de turismo ata o porto si que se debería poder meter man.

Tamén inflúe nas inundacións cando chove moito. Estamos mirando un proxecto de facer a separación de pluviais e fecais, que podería axudar. Pero o tanque de tormentas seica está tapado pola area, e non deixan tocar nada aí.

O da area é un asunto complicado porque as administracións o complican. Un di que é cousa de uns, outros que é cousa de outros pero ninngún deixan meterlle man.

 

Pois conseguimos, esta vez case por unanimidade, pechar este mes o percebe, para deixalo que medre ben para outros momentos no que estea a mellor prezo. Foi unha cousa boa a verdade.

Con respecto ao da mexilla, a verdade é que a nós nos están respectando. Xa o plan da Xunta nos protexe bastantes zonas, como a Mundiña, Os Mexos, Padrón, O Boi… e os da mexilla que están vindo o están facendo a zonas pouco proveitosas de percebe. E menos mal porque por onde pasan deixan a pedra lisiña lisiña…

 

É moi complicado. Antes todo o que traías era peixe. Hoxe en día é máis complicado con tantos controis.
O meu fillo pois de momento, non hai demasiado interese, pero bueno, ten só 8 anos, e estes días aínda me dixo que cando comprábamos a caña para ir pescar.
Se el quere e está a gusto, adiante, claro, é un traballo como outro calquera. É máis duro, pero tamén ten cousas moi boas, a liberdade, a natureza…

 
  • QPC: Que cousas pode facer un concello para mellorar o sector do mar?

Dende o Concello é complicado porque temos poucas competencias. Pero si que temos que apoiar á confraría, que está agora facendo cousas moi potentes, e ao sector, no que necesite.  

  • QPC: E para rematar… veste dándolle o relevo a Pérez Añón na portavocía do PP de cara ás vindeiras eleccións ou José Luís ten corda para rato?

Iso depende sobre todo de José Luís (o alcalde). É certo que a campaña empezará pronto, pero hai moitas cousas que valorar. De momento, está descartado.

Novas relacionadas

Comentarios