Venres. 26.04.2024
El tiempo

Denuncian o estado ruinoso da praza de Oriente de Laxe

Casa en ruinas en laxe
Casas antiga da rúa Cantón
Denuncian o estado ruinoso da praza de Oriente de Laxe

O Círculo de Podemos Laxe rexistrou varios escritos no Concello. O primeiro fíxoo tras recibr varias queixas polo estado ruinoso do edificio que se encontra na praza de Oriente de Laxe, cuxa fachada da rúa Cantón, consideran, debe ser valorada polos técnicos municipais. “Queremos salientar que se trata posiblemente dun dos edificios máis antigos da nosa vila e emprazamos ás autoridades a tomar cartas no asunto, xa que o risco de derrubamento é evidente”.

Preguntan ademais polo petróglifos de Pedra Xestosa, sitos na contorna dos Penedos de Traba. “As circunstancias dos mesmos son de nula información turística ó respecto no lugar, a maiores de que non existe indicador algún, así como os accesos tanto por estrada, nun estado lamentable, como a senda que leva a eles, que conta co permiso dos propietarios para acondicional”, sinalan.

Aspecto-general-de-Pedra-Xestosa-Laxe-A-Coruna-con-la-situacion-y-calco-de-los-paneles

Comentarios