Domingo. 17.11.2019
El tiempo

Denuncian o comezo das obras do Parque Eólico de Laxe antes de obter a licenza

Denuncian o comezo das obras do Parque Eólico de Laxe antes de obter a licenza
Imaxe do comezo das obras do parque eólico de Laxe-Fotos-Contramínate No día de onte, a Asociación Medioambiental Contramínate dirixía ao Seprona unha denuncia por inicio de obras previas ao proxectado parque eólico en Laxe, no Monte Chan, antes de ter obtida a licenza administrativa. A entidade bergantiñá lembra que o DOG do pasado 13 de xuño publicaba a resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa de construción e o estudo de impacto ambiental da liña de evacuación do parque eólico Pena Forcada-Catasol II, situada nos concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas (expediente IN407A 2016/877-1). Abríase así un prazo de alegacións por 15 días hábiles, prazo que a entidade ademais aproveitou para enviar novamente alegacións á execución deste parque por parte desta e doutras asociacións ambientais. A citada resolución referida á liña de ubicación do parque partiría do Monte Chans, entre as parroquias de Soesto e Traba, no municipio de Laxe, un Concello que se ten declarado "Libre de Eólicos". Sen embargo, e a pesar de non dispor aínda da correspondente autorización administrativa para a citada liña, a empresa promotora a través dunha empresa terceira, semella que está a realizar tarefas de desbroce de maleza no monte Chans, segundo descubriron onte, o domingo 1º de xullo, durante un paseo pola zona. Nas imaxes recollen lugares recintados e árbores cortadas para empezar, según nos pareceu, coa apertura de pistas para camións. Ante esta situación, os membros de Contramínate decidiron enviar sen demora unha denuncia ao equipo de Seprona en Coruña, para que se proceda á unha investigación co fin de comprobar se a actuación que está a realizar a empresa promotora do proxecto conta coas autorizacións pertinentes. A denuncia lembra que a área afectada é Espazo de Especial Interese Paisaxístico. A empresa promotora é Gas Natural Fenosa, despois chamada Fenosa Wind e agora Naturgy, tras os cambios de nome realizados pola citada mercantil. A mercantil encargada de executar os traballos semella ser CRC Obras y Servicios, S.L.

Novas relacionadas

Novas eólicas

Máis novas

Fonte

Comentarios