martes. 10.03.2026
El tiempo

Laxe repensa o precario estado de saúde da praia dos Cristais

PensarLAxe_PraiaCristais
Laxe repensa o precario estado de saúde da praia dos Cristais

O BNG de Laxe lanza "Pensar Laxe", un novo ciclo de conferencias e actividades divulgativas aberto á veciñanza que nace coa vontade de crear un espazo estable de reflexión, debate e divulgación sobre os principais retos que afectan ao concello.

Esta iniciativa, que terá carácter anual e periodicidade mensual, pretende abordar cuestións de máxima actualidade para Laxe desde diferentes ámbitos como o medio ambiente, o turismo, o patrimonio, a economía local ou a planificación do territorio.

A primeira das charlas terá lugar o xoves 12 de marzo ás 19:00 horas na terraza do Hotel Mar de Laxe. Baixo o título “A Praia dos Cristais. Diagnose dunha praia que esmorece”, o relatorio correrá a cargo de Raúl Rey Cancela, graduado en Turismo e especializado en Xestión e Planificación, quen presentará o seu estudo sobre a situación actual dunha das xoias naturais máis coñecidas do noso concello.

Esta conferencia analizará a evolución e os problemas que afectan á coñecida Praia dos Cristais, un espazo singular que nos últimos anos esperta crecente interese turístico pero que tamén afronta retos relacionados coa súa conservación e xestión.

Investigan un home que levou bolsas enteiras da Praia dos Cristais

 

Comentarios