mércores. 30.04.2025
El tiempo

Denuncian a "perigosa e insalubre" situación dos chalés da entrada de Laxe

Chanzas perigosas en Laxe
Denuncian a "perigosa e insalubre" situación dos chalés da entrada de Laxe

O BNG de Laxe ven de poñer en coñecemento da Axencia galega de infraestructuras a situación que veñen sufrindo dende fai anos os veciños e veciñas da urbanización de chalets de Fenllido en Laxe, situada en pleno casco urbán xusto no acceso á vila a pé da AC-429 da que vostedes son titulares.

Explican que na marxe dereita (dirección Ponteceso) hai dous enormes furados, en menos de 25 metros, de gran profundidade que quedaron unha vez rematada a beirarrúa da urbanización. Estes furados teñen provocado mesmo a caída de varios vehículos ao longo dos anos.

saneamento perigoso laxe
Os tubos de pluviais e fecais están ao aire e interrumpidos.

Ademais "a auga queda estancada xerando unha situación de insalubridade grave para toda a veciñanza, aparecendo mesmo a presenza de ratas que teñen entrado nas propias vivendas".

"Entendemos que ao tratarse dunha estrada autonómica procede que o arranxo sexa executado por esta axencia. Estamos ante un caso flagrante de perigo na seguridade vial e de insalubridade que sofre toda a veciñanza da zona", denuncian dende BNG, que lamenta a "inacción do goberno municipal".

Comentarios