Luns. 06.05.2024
El tiempo

Denuncian un posible vertedoiro incontrolado usado polo goberno municipal de Laxe

vertedoiro incontrolado laxe
Denuncian un posible vertedoiro incontrolado usado polo goberno municipal de Laxe

O solar público situado á entrada da vila de Laxe, que foi adquirido polo Concello para albergar os seus vehículos e materiais, “está sendo destinado polo actual goberno de PP a vertedoiro incontrolado de residuos sólidos urbanos”. Así o denuncia o grupo Podemos Laxe, despois de comprobar que nel se atopan “apilados unha acumulación inxente de colchóns, mobles, electrodomésticos e ata un confesionario, que ben podería conformar os exteriores dunha película de Berlanga”.

vertedoiro incrontrtolado laxe 2

”Esta imaxe surrealista e avergoñante que o goberno do PP está a dar do noso Concello con este vertedoiro incontrolado por si mesma é patética, lamentable e denunciable pero ademais a súa incompetencia e a súa desidia está a por en en grave e inminente risco a seguridade e a saúde da veciñanza e ao medioambiente, ante a posibilidade real de incendio e de invasión de ratas e outros animais propagadores de enfermidades”, critican.

O grupo de Unidas Podemos Laxe asegura que “non se trata dunha Estación de Transferencia de Residuos xa que non dispón de contedores nen as características que definen este tipo de estación”, e pide a súa eliminación inmediata.

Comentarios