Martes. 23.04.2024
El tiempo

En Laxe esixen moito mais que a dragaxe do porto

En Laxe esixen moito mais que a dragaxe do porto
Ondas en Laxe-Celia Allo O mar invadiu o paseo de Laxe neste temporal-Celia Allo

O temporal no mar sufrido o Luns de Carnaval volveu ser unha evidencia, de que o problema do porto e a praia de Laxe, lonxe de solucionarse, estase agravando. Os veciños e veciñas de Laxe acoden ao Concello a diario a queixarse ao contemplar como a praia deteriórase. As dunas, xa non son dunas, son montañas que acumulan maleza. O Porto cada día máis perigoso, os mariñeiros téñense que refuxiar en Camariñas, o cal conlleva un custo de desprazamento. A area provoca constantes problemas no alcantarillado, sumidoiro, invasión do paseo marítimo…

Por iso, dende o Concello e a Confraría non consideran suficiente a dragaxe anunciada onte como solución. ”Para nós esa é unha medida provisional, un parche que non é nin moito menos a solución a este problema”, sinalan dende o Concello. “O primeiro paso para unha posible solución sería a derriba dos 70 m de peirao comercial, un peirao que cambiou as correntes e que causou esta situación.”

Cada vez que hai mareas vivas hai despefectos no porto de Laxe-Fot-Ojen Cada vez que hai mareas vivas hai despefectos no porto de Laxe-Foto-Ojen

Denuncian a deixadez da Xunta para co Concello laxense, e piden que se tomen en serio o problema. “Que se establezan datas: os estudos están realizados, os informes técnicos e proxectos. Estas datas han de marcar o camiño cara a unha solución definitiva, e non responder a estratexias electorais que busquen tapar bocas e dar a sensación de que se está facendo algo. A estas alturas coñécese en profundidade o problema e o primeiro paso do camiño á solución. Nun período de tempo o máis curto posible, sen seguir malgastando diñeiro en actuacións que non levan a ningunha solución definitiva e que dabondo está verificado que só supoñen un custo inútil de diñeiro, mantendo a situación igual que como estaba, e obrigándonos a mirar con resignación como nosa fermosa praia desaparece”, apunta o alcalce.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios