mércores. 15.04.2026
El tiempo

O espazo iSlow Coliving de Laxe acolle un novo curso formativo sobre IA co Ágora Rural

Conselleira no coliving Laxe iSlow
Unha visita insstitucional ao iSlow Coliving de Laxe
O espazo iSlow Coliving de Laxe acolle un novo curso formativo sobre IA co Ágora Rural

No marco do proxecto Ágora Rural, o espazo iSlow Coliving, en Serantes, organiza este mes de maio dous cursos introdutorios de Intelixencia Artificial dirixidos a persoas interesadas en iniciarse no uso destas ferramentas dun xeito práctico, sinxelo e accesible. A formación, totalmente gratuíta, desenvolverase ao longo de catro xornadas en horario de mañá.

Os cursos terán lugar os días 20 e 21 de maio, baixo o título “Promptea como un pro”, e os días 22 e 23 de maio, centrados en “Multiplica o teu contido con IA”. Durante estas sesións, as persoas participantes aprenderán a comunicarse de forma eficaz con ferramentas de intelixencia artificial e a aplicalas na creación de contidos, mellorando así a súa produtividade tanto a nivel persoal como profesional.

A actividade celebrarase no en horario de 10:00 a 13:45 horas. Ademais, ofrecerase a posibilidade de aloxamento opcional para facilitar a asistencia de persoas doutros puntos.

formacion islow coliving laxe

Esta formación enmárcase no proxecto RuralTIC, impulsado por Alma Natura e Fundación HP, que facilita os equipos informáticos necesarios para o desenvolvemento das actividades. Pola súa parte, a Xunta de Galicia financia a parte formativa do programa.

As prazas son limitadas e as persoas interesadas poden inscribirse a través do seguinte enlace:
https://forms.gle/RevgBLQNskoLZo9B7

Comentarios