Venres. 14.06.2024
El tiempo

Un ferido con queimaduras graves nun incendio dun garaxe en Laxe

O 061 nunha emerxencia sanitaria en Laxe
Un ferido con queimaduras graves nun incendio dun garaxe en Laxe
Esta tarde de luns 3 de xuño, rexistrábase un novo incendio urbano na entrada de Laxe, na zona de Cabo de Area. Tratouse dun incendio dun garaxe dunha vivenda, no que un rapaz sufríu queimaduras graves, e tivo que ser trasladado no helicóptero medicalizado de Santiago.

Acodiron á emerxencia os membros do GES de Ponteceso, Bombeiros de Carballo, Protección Civil, o equipo médico do PAC de Ponteceso, ademais de, por suposto, os técnicos do 061.

Comentarios