Fotodesfeita: Outro botellón sen recoller no medio do bosque
09:59 08/06/20
A semana pasada acontecía en Carnota, na zona de piñeiral da Boca do Río (Carnota). E a Policía Local daba un perfecto exemplo conseguindo identificar aos infractores (un grupo de estudantes de Erasmus) facéndolles limpar todo o lixo que deixar ciscado.
Esta fin de semana volveu acontecer. Así o denuncia os membros da entidade Contramínate, que lamenta todo o lixo, procedente dun botellón, que deixaron no bosque da Insua en Laxe.
Máis preocupante foi aínda o feito de estaren fumando e deixando as cabichas no medio dun bosque, co perigo de incendio que conleva.
Que sirvan estas dúas denuncias de toque de atención para esa mocidade. Estar ao aire libre é marabilloso, só cómpre recoller o lixo que xeneras.