Hoxe comezaron as obras da dragaxe de Laxe

Así comezaban hoxe as obras do dragaxe de Laxe

Falabamos o martes co alcalde de Laxe e xa nos avanzaba que as obras da estaban a piques de comezar as obras da dragaxe de Laxe. Hoxe mesmo comezaban os traballos de retirada de parte do tren de fondeo, como nos informan dende a confraría, e estarán ata o 31 de setembbro en continua extracción de areas e de rocha.

Unhas obras que pretenden baixar o nivel da ensenada, e permitir unha maior seguridade para os barcos, que cada inverno teñen que marchar a outros portos ou subir a terra cando hai temporais.

Pasaron 6 anos dende que todos os grupos municipais se unían xunto co sector do mar para esixir estas obras, que o alcalde considera que van ser determinantes para solventar os problemas. “Non creo que sexa un parche, custando 3 millóns de euros”, valora sobre os que dubidan da súa efectividade.

Novas relacionadas

Historia sobre a dragaxe de Laxe