A area da praia de Laxe xa chega a Bruxelas


Non queda no paseo marítimo. A area da praia de Laxe xa chega, co vento e da man do BNG, ata Bruxelas. Así nos informan dende o BNG local, que aseguran "cumprir coa palabra dada a toda cidadanía de Laxe e seguindo o camiño iniciado no Parlamento de Galiza con parada no Congreso dos Deputados".
I é que o BNG, a través da voceira do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, presentou unha iniciativa de control do Parlamento Europeo sobre o Executivo, a Comisión Europea, que terá resposta, como así o establece o propio regulamento de dito Parlamento en 30 ou 40 días. Unha moción na que preguntan aos compoñentes do parlamento se coñecen a problemática que vive o pobo de Laxe dende hai anos, tratando así de "presionar á Xunta de Galiza para usar fondos europeos para a remodelación do Porto de Laxe que aínda que estén destinados para este ano e o seguinte son susceptibles de modificación se a Comisión así o autoriza, previa proposición da propia Xunta".
Agardan pois que a iniciativa "dea os seus froitos no senso de esixir a Portos de Galiza o cumprimento das súas responsabilidades no caso da retirada da area e a construcción do novo dique do Porto de Laxe".
Novas relacionadas
- 06-09-11: Que foi dos áridos da praia Laxe?.
- 10-07-11: O BNG de Laxe levará os problemas co porto e a praia a Europa.
- 22-06-11: O BNG de Laxe denuncia que a Xunta non comece as obras para solucionar o problema cos áridos.
- 14-06-11: O BNG laxense esixe a solución do problema cos áridos.
- 15-04-11: Comezan os traballos para solucionar os problemas coa area en Laxe con disputas políticas.
Máis novas
- A única praia con dúas bandeiras.
- Unha nova documental de Mandeo Records pechará a triloxía sobre o mar de Laxe.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Laxe.