Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Confraría e grupos municipais únense por unha solución aos problemas do porto de Laxe

Confraría e grupos municipais únense por unha solución aos problemas do porto de Laxe
Confraria e Grupos municipais por unha solucion ao Porto de Laxe

Membros do PSOE, PP, IxLaxe e BNG laxenses uníronse xunto coa Confraría de Laxe para alzar unha única voz que esixa unha solución ao problema cos áridos no porto de Laxe. Por fin, representantes dos grupos políticos e mariñeiros uníronse diante dunha pancarta que indica un claro: “Porto de Lax. Solución Xa”.

I é que problema vén de lonxe, como recordaron na concentración que tivo lugar este venres 15 na Praza Ramón Juerga, co numerosos veciños e mariñeiros berrando. Dende a construción do peirao comercia, a mediados dos 80, o porto e a praia de Laxe sofren unha serie de consecuencias que agravaron a situación. Así, por exemplo, o 30 de xaneiro de 1990 dúas embarcacións, “A Cara o Cruz” e “Ulloa”, foron a pique, como lle acontecía este pasado 6 de xaneiro de 2014 á lancha “María Cristina”, así como varias embarcacións deportivas, mentres que o resto da flota pesqueira mantivo a bordo aos tripulantes durante 25 horas poñendo en perigo as súas vidas.

Lanchas varadas este inverno no porto de Laxe

Solución Xa!

Todos estes sucesos, ademais dos problemas cos áridos, queren que queden atrás, pero para iso a Xunta ten que facer unha obra que leva rexeitando anos, afrontando a construción dun dique na zona da Besugueira, unha solución, ata o de agora, demasiado cara para as arcas públicas.

En todo caso, a Xunta xa anuncio, en febreiro, que vai adxudicar as obras por 13 millóns de euros, pero xa levan retraso na concesión, e dende a confraría xa miran un novo inverno con medo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios