Problemas na praia de Laxe trala ampliación do dique
08:06 09/12/10
As últimas actuacións no porto de Laxe veñen de afectar á praia laxense. Segundo aseguran dende o sector mariñeiro, é necesario actuar para corrixir a alteración das correntes e tamén para corrixir os arrastres de area cara a parte occidental da praia e o fondo mariño. De igual xeito, notáronse danos na rede de saneamento do Concello de Laxe e problemas de abrigo no porto.
E así o notifican estes días os deputados do BNG no Parlamento Galego, Carlos Aymerich e Bieito Lobeira, que veñen de presentar varias preguntas para a súa resposta escrita por parte do goberno galego, relativas aos problemas que afectan ao Concello de Laxe como consecuencia das obras no porto da localidade acometidas xa hai anos e que agora se están manifestando con máis intensidade se cabe.
O propio Francisco Jorquera, na súa visita a Laxe da anterior semana, xa concluíra que "esta problemática necesitaba para a súa solución da implicación conxunta das dúas administracións con responsabilidade na materia: o goberno galego e o goberno central". Todos preguntan xa publicamente " á Xunta se está a estudar algún tipo de modificación no porto da localidade para solucionar de forma definitiva estes problemas".
Novas relacionadas
- Un novo premio ao Traballo Digno da Asoar-Armega.
- Novas protestas dende o sector polo novo seguro do mar e pola Lonxa Comarcal.
- Volven os concertos á Ventana de Laxe.
- Galiza Nova CDM manifesta o seu rexeitamento contra a Constitución.
Fonte
- Nota de prensa da man de Xosé Manuel Pose, Responsábel local do BNG de Laxe.