Venres. 03.05.2024
El tiempo

Incautados 16,3 quilogramos de centola no Porto de Laxe

Centola incautada en Laxe
Incautados 16,3 quilogramos de centola no Porto de Laxe

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña incautou de 16,3 quilogramos de centola no Porto de Laxe.

Os axentes observaron como dende un pesqueiro atracado se descargaban a unha furgoneta varias caixas de plástico con capturas, descargando posteriormente unha cesta de plástico negro directamente ao maleteiro. dun coche, depositándoo logo nun dos departamentos do Porto.
Dado o carácter inusual da manobra, os efectivos actuantes solicitaron ao patrón da embarcación a apertura do devandito epartamento para verificar a mercadoría contida na cesta, comprobando que transportaba exemplares de centola, especie actualment pechada, que deron un peso de 16,3 quilos, dos cales 2 quilos eran exemplares ovados, carecendo de documentación que acredite a súa trazabilidade.

Trala multa, a centola, que aínda estaba viva, foi devolta ao mar.

Comentarios