Venres. 29.03.2024
El tiempo

Laxe aproba o Plan Parcial de A Agra con máis de 29.000 metros cadradros urbanizables

Laxe aproba o Plan Parcial de A Agra con máis de 29.000 metros cadradros urbanizables
O Plan Parcial habilita 25 parcelas para vivendas unifamiliares e duas colectivas O Plan Parcial habilita 25 parcelas para vivendas unifamiliares e dúas colectivas en pleno casco urbano de Laxe Todos os grupos que forman a corporación municipal do concello de Laxe apoiaron durante a sesión plenaria do pasado venres, 18 de marzo, a aprobación do Plan Parcial de chan urbanizable dilimitado S.UBLE-D.2 "A Agra". Trátase do primeiro documento de planeamento aprobado no municipio dentro do desenvolvemento do PXOM do ano 2009 que xa contemplaba a ordenación detallada da zona coa validación da comisión superior de urbanismo da Xunta de Galicia. Iniciado o seu trámite ambiental en marzo de 2010, coa remisión ao órgano ambiental do documento de inicio, aprobouse inicialmente - tamén por unanimidade - na sesión plenaria do 8 de novembro de 2013. Tras a oportuna publicación e trámite de información pública e recabados todos os informes sectoriais necesarios, obtiveron o último informe favorable da Demarcación de Costas do Estado o pasado 15 de febreiro. Cun total de 29.089m2 e uso residencial, contempla unha previsión de 25 parcelas para vivenda familiar e outras dúas para vivenda colectiva. A súa aprobación suporá a obtención de 15.800m2 de espazos libres de uso público e outros 725m2 para equipamento municipal, dotando así a Laxe de máis de 70 novas prazas de aparcamento público no centro da vila.

Comentarios