Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Laxe buscará que a Semana Santa e o Rosario da Boa Morte sexan declarados de Interese Turístico

Laxe_Impulso Semana Santa 2023
Laxe buscará que a Semana Santa e o Rosario da Boa Morte sexan declarados de Interese Turístico
A Casa do Concello de Laxe acolleu unha xuntanza entre representantes do Concello, e da parroquia de Santa María da Atalaia, encabezada polo padre Juan, co fin de ir preparando os actos da Semana Santa deste ano.

Nesta reunión acordouse levar a cabo unha serie de accións para recuperar e revitalizar as tradicións relacionadas con esta festividade no municipio. Neste sentido, crearase unha confraría para xestionar todo o relacionado cos propios actos relixiosos (procesións, vestimentas ou a decoración de certas rúas), recuperaranse tradicións como a celebración do desencravo no adro da igrexa, poñerase en marcha unha investigación sobre a Semana Santa de Laxe para descubrir a súa orixe e poñer data aos versos da Paixón ou do Rosario da Boa Morte e, por último, divulgar a programación deste 2023.

A edil de Cultura, Raquel Lema, tamén destaca que, tras os datos que se recompilen sobre a historia e tradicións desta festividade en Laxe, sumados á afluencia de visitantes á vila, desde o Concello “traballarase para que a Semana Santa de Laxe, así como o Rosario da Boa Morte, sexan declarados de Interese Turístico de Galicia”.

Comentarios