sábado. 03.05.2025
El tiempo

Laxe contará cunha nave para usos municipais

Laxe contará cunha nave para usos municipais
O presidente da Deputacion reuniuse onte co alcalde e coa tenente de Laxe O presidente da Deputación reuniuse onte co alcalde e coa tenente de Laxe O bo entendemento entre o concello de Laxe e a Deputación da Coruña dá lugar a que o ente provincial colabore co goberno municipal para adquisición dunha nave de 622 metros cadrados, na que se investirán 95.000 euros, e que se destinará a usos municipais, entre eles a garaxe dos diversos vehículos cos que conta o parque móvil municipal (camión do lixo, tractor, automóbiles de Protección Civil…), que actualmente non contan cunha infraestrutura axeitada para o seu estacionamento. Este foi un dos compromisos adquiridos polo presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, ao remate da reunión que mantivo onte co alcalde da localidade, José Manuel Mouzo Castiñeira, que ambos cualificaron de “cordial e produtiva” e na que analizaron ademáis outros investimentos programados polo ente provincial no municipio. A xuntanza contou tamén coa asistencia da primeira tenente de alcalde, María Dolores Toja. A Deputación da Coruña inviste actualmente no concello laxense 438.839 euros a través dos Plan de Obras e Servizos, Plan de Acción Social (PAS) e Plan de Aforro e Investimento (PAI), cos que se financian tanto obras como gasto corrente e amortización da débeda municipal. Asimesmo, a decisión do actual Goberno provincial de incrementar ata o 95% o anticipo a conta daqueles concellos que teñan delegado o cobro dos seus impostos na Deputación, como é o caso de Laxe, suporá para as arcas municipais contar con 32.000 euros máis de liquidez, o que lle permitirá atender as súas obrigas financieiras con maior solvencia. Limpeza de praias Mouzo confirmou ademáis que Laxe sumarase ao programa provincial de limpeza de praias destinado aos concellos costeiros da provincia, que permitirá ao municipio contratar o persoal das brigadas que se encargarán de ter os areais a punto durante os meses da tempada estival, e interesouse polos plans da FAEPAC para apoiar aos municipios en proxectos de aforro e eficiencia enerxética, “xa que a factura eléctrica supón unha das principais partidas de gasto” do municipio. Neste sentido, González Formoso e Mouzo Castiñeira acordaron que un técnico da FAEPAC visitará o municipio nos vindeiros días para estudar co rexedor posibles actuacións encamiñadas a reducir o consumo eléctrico municipal. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación

Comentarios