Martes. 07.05.2024
El tiempo

Laxe honra hoxe a Santa Rosa

Laxe honra hoxe a Santa Rosa
Hoxe hai festa en Laxe. Como cada trinta de agosto -a excepción do ano pasado, que non houbo apartado lúdico e de verbenas- toca subir ao Monte Cornaceiras para honrar a Santa Rosa de Lima. A capela de Santa Rosa acollerá as misas a partires das 10:00h da mañá e ao longo da sesión matinal. Tamén haberá pasarrúas. Logo dos actos relixiosos chegará a hora do vermú. Os bailes de volta da misa serán obra da orquestra Fania Blanco Show. E xa pola noite, gran verbena fin de festa con Fania Blanco Show e O Tren da Unha. Os Piticas, Tom, Víctor,... están de sorte hoxe. Xogan na casa, diante da súa afección, polo que o triunfo está prácticamente asegurado.

Máis información

Fonte

Comentarios