Lola Schuzt recolleu o Premio Torrente Ballester pola súa novela "cortaziana"


Non faltou a gañadora do XXX edición do Premio Torrente Ballester en español, ao Pazo de Mariñán, para participar na premios culturais da Deputación da Coruña. 11 categorías premiadas, e unha con protagonismo da Costa da Morte.
Dolores Torrano, máis coñecida como Lola Schutz, en Laxe, onde reside, e no IES de Baio, onde traballa, quixo agradecer á Deputación e ao xurado por ter escollido a súa primeira novela, "La Argentina que Dios quiere”.
O xurado definiu a novela como "brillante, de grande ambición literaria e extraordinaria orixinalidade e, á vez, embebida na tradición recente da literatura latinoamericana". Segundo o xurado, a obra "recorda o estilo cortazariano. Áxil e de grandes personaxes e supón unha excepcional conexión España-Arxentina, ambientando maxistralmente a realidade de ambos os países”.

Estes premios insírense na defensa que facemos desde a Deputación da Coruña de que a cultura é un dereito, non un ornamento, non un accesorio para un día, para unha festa. Precisamos a cultura todos os días, alimentámonos dela, como identidade, como memoria, como patrimonio, como innovación, como transformación social, como análise crítica da realidade, como descuberta creadora, como xeito de estar no mundo e nos proxectar tamén no exterior", defendeu Goretti Sanmartín, na súa intervención.
