Mércores. 13.11.2019
El tiempo

Malpica, núcleo singular dos Enterros do Entroido

Malpica, núcleo singular dos Enterros do Entroido
A Mikaela de Buno 2018 A Mikaela de Buño 2018

Poucas fins de semana se viven tanto en Bergantiños como esta dos Enterros do Entroido, no que lume nos purifica a alma. Sen dúbida, Malpica é, cada ano, o epicentro social e trouleiro da fin de semana, cunha variedade de festas para todos os gustos. Os que prefiren o botellón, teñen a Mikaela de Buño na tarde-noite do sábado. Os máis tradicionais, poden achegarse a tarde dominical a Cerqueda a seguir aos Madamitos e Ghuadineros. E os trouleiros de toda a vida, teñen nos enterros dos curmáns, o Farruco de Seaia e o Faustino de Malpica, a cita perfecta.

A Mikaela de Buño

A MIkaela-Foto- Diego Souto copia Tremenda a Mikaela-Foto- Diego Souto

A festa xuvenil máis soada da comarca de Bergantiños é a Mikaela de Buño. Milleiros de rapaces da zona sacan o botellómetro dende as 16:00h da tarde, e enchegen os herbais e o campo da festa ata altas horas da madrugada, nun auténtico “via crucis” de bares. O bus da música mantivo ben alta a “zapatilla” para o baile e desfrute dos disfrazados (unha pasada ver que toda a rapazada vai disfrazada) ata a queima da Mikaela e da Mikaeliña, tamén sacrificada.

Pero a troula durou ata case a mañá, como non pode ser doutro xeito.

MIkaela e Mikaelina 2018-Antia Carneiro copia A Mikaela e a Mikaeliña paseando no tractor de Buño-Antia Carneiro O Bus da Mikaela - Diego Souto copia O Bus da Mikaela - Diego Souto Feston na Mikaela -Foto-Diego oSouto copia Festón na Mikaela -Foto-Diego Souto  

Faustino o Farruco

O Farruco e Faustino dos Enterros de Malpica O Farruco e Faustino dos Enterros de Malpica

Festiva a baixada a comitiva fúnebre dos Farruco e o Faustino, os curmáns de Seaia e Malpica, dende o Centro Cívico ata o porto, amenizada por unha impresionante e divertida Charanga Mekánica. Un entroido máis enxebre, máis auténtico, máis local, que serve para toda a familia, e que remata no porto coa queima dos dous estranos curmáns.

https://www.facebook.com/concellodemalpica/videos/1688130837877018/?t=1 Enterro do Faustino de Malpica no Entroido de Malpca Divertida comitia fúnebre  

Madamitos e Ghuardineros

Cerqueda e Beo gozaron do entroido máis tradicional de Malpica. A historia remóntanse en Cerqueda vendo o pasarrúas dos Madamitos e Ghuardineros, personaxes que sempre poñen o toque de humor na despedida do Entroido da man da Raigañas.

Madamitos e Ghuadineros de Cerqueda no Entroido 2018-Foto-Xacobe Nieto Madamitos e Ghuadineros de Cerqueda no Entroido 2018-Foto-Xacobe Nieto  

Caietano de Laxe

Outro persoeiro singular dos Enterros bergantiñáns é o Caietano de Laxe. Coa súa singular historia, o “borrachín do pueblo” falecía este pasado domingo tras unha semana no máis alto, na alcaldía…

Caietano de laxe 2018 copia  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios