Nace Colaxe, un novo espazo educativo para o pequenos de Bergantiños
O pasado martes de entroido quedou inaugurado o novo COLAXE "Centro de actividades extraescolares, formación e ocio infantil". E o fixo cunha festa entroideira chea de público, dende os máis pequenos disfrutando das pinturas e dos disfraces, ata os seus maiores, ollando as boas infraestruturas do centro. Hoxe mércores, de feito, celebran outra festa infantil de Entroido a partir das 17:00h.
Unha aposta que busca completar a educación dos pequenos fóra do horario escolar. A súa directora Natalí Asorey Zorraquino (na foto á dereita do alcalde laxense Antón Carracedo que non quixo perder a inauguración) pretende convertir este centro nun lugar de actividades, talleres, apoio escolar, campamentos de verán, e de festas por suposto. Sempre a través do xogo simbólico, unha educación con sentido.
E cómpre resaltar a importancia de que proxectos así se dean na nosa zona, sempre aletargada e con difucltades de emprendemento.
Que é Colaxe?>/h3>
E un centro de ocio e tempo libre donde se desenrolan actividades educativas, lúdicas, recreativas e culturales. Destinado a nenos donde o máis importante e que xoguen, se divirtan compartan e aprendan xogando. Está integrado por un grupo de profesionais cualificados que supervisarán o proceso en todo momento e velan pola seguridade dos nenos.
Tódolos nenos de 1 a 12 anos con gañas de xogar, aprender e divertirse, previa cita hora.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).