Novas protestas dende o sector polo novo seguro do mar e pola Lonxa Comarcal

08:39 30/11/10

Consultado ao sector
A Confraría de Laxe e mais a Asoar Armega están enviando un escrito a todas as confrarías do país para pulsar, verdadeiramente, o pensamento do sector. Barcia non cre as palabras da Consellería do Mar, que fixo asinar aos presidentes das confrarías provinciais e se apresurou a mandar un comunicado a través da propia nova entidade creada polo Goberno do PP, Polar Seguros. O escrito fai un chamamento aos patróns maior que estudien as pólizas.Lonxa comarcal
Volve ademais o tema da Lonxa Comarcal á palestra. Un tema crucial e que ata que a Costa nono tome en serio non solucionará o problema de que as capturas vaian venderse a lonxa da Coruña e demais grandes centros. Barcia lembra que o tema foi paralizado ás costas do sector. O Presidente da Federación de Confrarías Galegas e Patrón maior de Malpica, Genaro Amigo, aseguraba que" o problema da lonxa comarcal era que cada patrón maior tiraba para o eu porto". Segundo Barcia esto non é certo. "Os patróns maiores do GAC - Costa da Morte firmamos que queríamos unha lonxa comarcal", que podería estar en Vimianzo, como asegura Barcia, que conta que xa tiñan ata os permisos para contruirse no polígono vimiancés.Novas relacionadas
- Exercicios prácticos e reais de Salvamento en Laxe coa Asoar-Armega.
- A Asoar – Armega defendeu a Pesca Artesanal en Bruxelas.
- En marcha a nova Agrupación de Percebeiros de Barizo.
- Polémica en torno ao novo Seguro do Mar.
- A ASOAR-ARMEGA critica a privatización do seguro de accidentes na Mar:
- O PP pide unha lonxa Comarcal en Vimianzo.
- O mundo do mar pide unha lonxa comarcal .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).