Novo mural de axulezo colaborativo, coa axuda de Lar, en Laxe

Xa son tres os murais de mosaico que Suministros Lar patrocina no casco urbano de Laxe, como apoio a iniciativas creativas e como actividade paralela ao Concurso de Murais de Azulexo que desde o ano 2006 ven convocando a empresa de Cee nos centros educativos da comarca.
”O obxectivo é achegar o azulexo á xuventude e aprenderlle as múltiples opción que este material ofrece como técnica pictórica e elemento decorativo”, explica Tatiana Rodríguez. “Un xeito de levar a cultura e a arte á Costa da Morte dando cor ó espazo público e aportando alegría ás festas que se celebrarán o vindeiro quince de agosto na localidade.

A nova pintura ocupa un pequeno muro de 9 metros cadrados. É de azulexo partido, realizado coa técnica do trencadís. Pódese ver no merendeiro do café bar Vila de Laxe e representa garfos, coitelos e culleres, de cores rechamantes, que suxiren as teas africanas e dan nome a obra de CariCa. “Lecaleca” que na lingua wolof de Senegal significa “come, come”.
