xoves. 08.05.2025
El tiempo

Novos puntos de vertido controlados en Malpica, Laxe e Vimianzo

Novos puntos de vertido controlados en Malpica, Laxe e Vimianzo
Imaxe do rótulo do Río Grande na Piroga-Foto-Equipaxedeman

Segue a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas co seu Plan de control de Vertidos. E segue enviándonos notas de novos puntos controlados, o que, sen dúbida, supón unha boa nova, pero tamén incide en que hai centos de puntos de vertidos nos ríos e nas rías da bisbarra, facendo do saneamento unha necesidade.

Desta volta, a Xunta vén de eliminar as augas residuais que afectaban ao rego de Camarada en Malpica de Bergantiños; ao rego de Traba no municipio de Laxe, e dous vertidos localizados no entorno do concello de Vimianzo.

En Malpica

Tras unha revisión rutinaria da rede fluvial do concello e Malpica, os técnicos constataron que o vertido que afectaba a este rego procedía de augas residuais sen depuración previa procedentes dunha vivenda particular, a cal carecía da autorización administrativa pertinente ar verter ao Dominio Público Hidráulico. En base a isto, o persoal do ente autonómico advertiu ao titular da irregularidade e instoulle a eliminar o punto de vertido.

Posteriormente, o persoal de Augas de Galicia comprobou nunha nova vista á zona que o vertido fora eliminado, tras a instalación por parte do titular dunha fosa séptica estanca na vivenda, á cal conectou as augas anteriormente vertidas.

En Laxe

Así mesmo, o ente público de Augas de Galicia tamén vén de eliminar o vertido de augas residuais que procedía dunha vivenda particular que afectaba ao rego de Traba,no seu paso pola parroquia do mesmo nome, no concello de Laxe.

Tras esta identificación, procedeuse a informar ao titular da vivenda responsable do vertido indicándolle que tiña que conectar as augas residuais cara unha fosa séptica estanca para quedar así emendado o punto de vertido a dominio público. Con motivo dunha última inspección comprobouse que o vertido foi correctamente eliminado e que as augas residuais foron desviadas de maneira adecuada.

En Vimianzo

Tamén foron eliminados dous vertidos que tiveron lugar no río Grande ao seu paso por Baio, no lugar de A Piroga, e no río Vimianzo ao seu paso polo núcleo do mesmo nome. Tras detectar o vertido, os técnicos do PCV, souberon que este era debido á conexións irregulares de que facían veciños da zona nunha rede de auga pluviais que vertía por un lado no río Grande; e tamén se derivou o mesmo problema, que acabou afectando ao río Vimianzo.

Por mor desta afección realizáronse diversas inspeccións nas que se acabou por acordar que o concello levase acabo a construción dun novo colector de augas fecais na zona. Deste xeito quedaría conectado á depuradora da zona e evitaríase que se producisen os vertidos no río Grande.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios