sábado. 18.10.2025
El tiempo

Laxe, declarado Lugar de Interese Cinematográfico pola Academia de cine

Mareas Vivas en laxe
Unha captura de Mareas Vivas no porto de Laxe
Laxe, declarado Lugar de Interese Cinematográfico pola Academia de cine

”A vila mariñeira de Laxe, no corazón da Costa da Morte, ocupa un lugar destacado no imaxinario audiovisual galego ao ser o escenario principal da mítica serie Mareas Vivas, un dos maiores éxitos da televisión en Galicia e auténtico fenómeno social nos anos 2000. As súas rúas, o porto, a praia e o día a día da súa xente convertéronse nun estudio recoñecible e entrañable que fixo de ponte entre a realidade da costa e a ficción televisiva”.

Este é o texto co que a Academia Galega do Audivosual xustifica a inclusión da vila laxeira como novo novo Lugar de Interese Cinemattográfico.

25 anos despois da mítica rodaxe, a Academia anunciaba esta nova inserción no marco do XI Encontro de Academias de Cinema e Audiovisual que se celebrou no Festival de Cinema de Ourense.
Laxe únese a outros espazos galegos como Aldea de Facós, A Lobeira (Ourense) ou a vila de Allariz.

Tamén inclúen nesa privilexiada lista espazos como a Ciutat de les Arts i les Ciències de Valencia, Mérida, o Hospital del Tòrax (Terrassa), La Cuenca Minera de Asturias, La Rambla de la Barrachina, Cañones Rojos de Aragón ou a Alhambra de Granada.

Máis novas

Comentarios