Os estudiantes de Laxe fórmanse no uso das Novas Tecnoloxías


A aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) ó traballo diario dos estudiantes supón un elemento clave na educación e formación das novas xeracións e, por suposto, tamén na mellora das súas tarefas formativas.
Por iso, dende a Aula Municipal de Informática do Concello de Laxe propoñen actuar en competencias básicas mediadas polas TIC como elemento motivador co obxecto de desenvolver estratexias básicas para o fomento do espírito crítico ante a información á par que se crean materiais e contidos educativos sobre as áreas instrumentais. Dende Laxe consideran que a informática non é so unha asignatura máis, é unha ferramenta que transforma ó alumnado, de receptor pasivo da información, a participante activo.
A intención da Aula de Informática é impulsar a motivación polo estudio ó mesmo tempo que se fomenta o traballo educativo. Para iso ó vindeiro luns 7 de marzo levarán a cabo un obradoiro dirixido a estudiantes maiores de 10 anos de idade. A actividade iniciarase ás 16.00 e terá unha duración de tres horas, durante as cales o alumnado asistente terá a oportunidade de facer consultas referentes á presentación e elaboración de traballos escolares, recibirán pautas e mesmo terán acceso a casos prácticos de apoio.
Máis información e inscricións
As inscricións están abertas e poden formalizarse de balde na Aula Municipal de Informática de luns a venres de 16.00 a 19.00.
Novas relacionadas
- Novos cursos de informática en Laxe para empresarios.
- Laxe traballa pola alfabetización dixital.
- A historia do Don Caietano.