Os hostaleiros de Laxe catan os mellores viños
Continúa o proxecto turístico #Relaxese2017, no que a nova Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo ten tanas esperanzas depositadas para desestacionalizar o turismo.
Este mes de marzo é o da aposta polo Turismo Enolóxico, e así o comprobaron unha trintena de hostaleiros (e amantes do mundo) da zona que participaron esta fin de semana en dúas catas no Museo do Mar. O venres tocaba cata D.O. Rioja a cargo dun enólogo de Bodegas Ramón Bilbao. E o sábado era tempo para cata D.O. Monterrei do godello Mara Martín de Adegas Martín Códax.
A experiencia foi moi positiva neste proxecto que ademais de darlle vida o Museo do Mar, serve para mellorar a formación dos nosos hostaleiros.
Máis catas
- Venres 17 ás 18.00 h: Cata D.O. Ribera del Duero a cargo de Pedro Cabestrelos, Xerente-Enólogo de Bodegas Lambuena
- Sábado 18 ás 11.00 h: Cata D.O. Valdeorras a cargo de Ángel Rodríguez, adegueiro de Adega Quinta da Peza
- Venres 24 ás 18.00 h: Cata D.O. Ribeiro a cargo de César Fernández, xerente de Bodegas Cunqueiro
- Sábado 25 ás 11.00 h: Cata D.O. Ribeira Sacra a cargo de Fernando de Santiago, enólogo de Viñedos e Bodegas Finca Míllara.
Compre sinalar que para participar nas actividades é posible efectuar a inscrición dende a páxina oficial www.concellodelaxe.com/turismo ou chamando ao teléfono 981 706 965 de 8.00 a 15.00 horas.
Novas relacionadas
- Abertas as inscricións para as catas e as masterclass do marzo enolóxico de Laxe.
- Reláxese: Nove meses, nove actividades turísticas para desestacionalizar o turismo de Laxe.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).