sábado. 15.03.2025
El tiempo

Os organizadores do V roteiro teatral, poético e musical de Laxe buscan colaboradores

Os organizadores do V roteiro teatral, poético e musical de Laxe buscan colaboradores
roteiro laxe 2017 roteiro laxe 2017 A escola municipal de Teatro de Laxe xa comezou a organizar o V roteiro teatral, poético e musical que se celebrará probablemente no mes de maio ou xuño. Como actividade que pretende escenificar e poñer en valor para todas as xeracións a historia e tradición laxense, o concello de Laxe busca colaboracións tanto para recuperar estas historias e tradicións, como para acondicionar escenarios e representar, o día en que se celebre o roteiro, diferentes personaxes e esceas típicas da vila. Así, durante os vindeiros meses celebraranse diferentes xuntanzas e sesións de ensaio que, en todo caso, serán dirixidas e coordinadas polo profesor e persoas adultas que forman parte da escola municipal de Teatro. Esta convocatoria está aberta a todas aquelas persoas que queiran formar parte e colaborar da iniciativa, para que se poñan en contacto co departamento de Cultura municipal. Para participar non é preciso nin ter actuado previamente nin formar parte da escola municipal de Teatro. O prazo inicial para inscribirse estará aberto durante toda esta semana e ata o vindeiro mércores 15 de febreiro. "Fantamino" en Ourense Por outra parte, o vindeiro venres 17 de febreiro o teatro Principal de Ourense acolle apresentación da última peza teatral dirixida pola agrupación de Metátese Teatro - chamada "Fantamimo" - na que participará parte do alumnado da escola municipal de Teatro de Laxe. Esta creación colectiva contou coa produción de Avelaíñas Teatro, o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez, Metátese Teatro e o Club de lectura “Retelladores do Galiñeiro”. A representación terá dúas funcións; unha ás 12 horas dirixida a escolares e outra ás 20:30 horas para o público xeral. O prezo das entradas é de 2 euros. Os beneficios que se obteñan desta función, representada por alumnos, alumnas e docentes de varios centros educativos e escolas de teatro da comunidade, destinaranse aos programas de protección da infancia, atención familiar e sensibilización. que desenvolve a ONG Fundación Meniños. Fonte    

Comentarios