Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela

Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela

A medida que os vaian subindo, intentaremos recuperalos as fins de semana en QPC. I é que o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, a SEMESCOM, vén de dixitalizar moitss dos súas obras, e queremos aproveitalas para que todos as poidamos paladear.

Hoxe queremos comezar por un dos nosos mellores tesouros, de feito, a única paraxe protexida da Costa da Morte, os Penedos de Traba e Pasarela. Un espazo, que podemos dicir en alto, que foi salvado literalmente pola SEMESCOM e polo movemento de concienciación realizado para salvalo dunha canteira. Disfrutemos deste deuvdé, presentado no 2009, e realizado por Xosé Mª Lema Suárez e o finado Roberto Mouzo.

Os Penedos de Pasarela e Traba. A arte dos dedos do tempo. from SEMESCOM on Vimeo.


Os Penedos de Traba e Pasarela, pola Semescom

Se a Acrópole de Atenas contou cos dedos de Fidias para modelar as esculturas do Partenón, aquí esculpiron as formas máxicas os dedos invisibles do vento. En 1835 o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España declarou aos Penedos de Pasarela e Traba Formas Singulares no primeiro mapa xeolóxico de Galicia elaborado polo xeólogo Guillermo Schulz. Tras anos de xestións, o Seminario de Estudos Comarcais e outros colectivos lograron que a Xunta de Galicia declarase Paisaxe Protexida esta paraxe. O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte cumpriu coa promesa da realización dun DVD sobre estes Penedos, esperando que este sirva, por unha parte para dar a coñecer esta singular paraxe, e pola outra para recordarlles ós poderes públicos as obrigas contraídas (protección, limpeza, recuperación, rexeneración, promoción etc.). No guión faise un percorrido por estas formacións xeolóxicas, con especial detemento nalgunhas das pedras máis significativas; nárrase a historia recente da paraxe, que estivo en constante perigo de destrución polos sucesivos intentos de abrir nela unha canteira (especialmente en 1997 e 2006). A loita de colectivos ecoloxistas da Costa da Morte e de toda Galicia logrou salvala.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Video Semescom Penedos Traba e Pasarela

Comentarios