Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Paco Charlín pasa a cobrar o soldo de José Luís Pérez Añón

Paco Charlin alcalde en funciones de Laxe 2
Paco Charlín, volve ser alcalde en funcións
Paco Charlín pasa a cobrar o soldo de José Luís Pérez Añón

A nova baixa do alcalde de Laxe, José Luís Pérez Añón, vén de provocar que Francisco Charlín asuma de novo o papel de alcalde en funcións. Unha decisión que provocou a presentación dunha moción para o traslado da dedicación. Así, o pleno este pasado xoves, aprobou, por unanimidade, a renuncia da retribución pola súa dedicación parcial tras xubilarse o pasado mes de agosto. Esta remuneración pasa agora a mans do primeiro tenente de alcalde, agora alcalde en funcións, e previsiblemente candidato nas vindeiras municipais.

O pleno aprobou tamén o POS+ ADICIONAL 2/2022 polo que se destinarán 236.417,10 euros a gasto corrente.

Novas relacionadas

Comentarios