Paiosaco e A Laracha volven mandaro no comezo da Liga Atlántica de Billarda Conferencia Noroeste
Laxe acolleu este domingo a 2ª xornada da Liga Atlántica de Billarda Conferencia Noroeste. A chuvia obrigou a celebrar a cita no pavillón, pero o evento organizado Federación Galega de Deporte Autóctono, Billarda Galicia e Billarda Rías Baixas volveu ser un éxito.
Entregáronse tres premios, un por cada modalidade. Na infantil alzouse co primeiro galardón Kevin, do APB Laracha; o segundo foi para Valentín, de Filloas de Sangue A Coruña; e o terceiro posto recaeu en Virgi, tamén de Filloas de Sangue.
Tamén gañou un larachés a modalidade absoluta, tneste caso do equipo Campo da Feira de Paiosaco, Óscar Ponte. O segundo foi Carolo de Lúa de Forza, Sanxenxo; e o terceiro Bieito de APB, da Laracha.
Na modalidade feminina, a primeira posición foi para Raquel de Cochiqueiros Cerceda; a segunda para Marisa, de Lúa de Forza Sanxenxo e a terceira volveu para Cochiqueiros Cerceda grazas a Sonia.
Cómpre destacar que no terceiro tempo foi Aurelia, do cadro de Paiosaco, o que levou unhas roscas de licor café para goce de tod@s @s palanadores.
A concelleira de Comercio, Hostalería, Turismo e Cultura, Raquel Lema Allo; xunto co concelleiro de Deportes e Pesca, Francisco Charlín Oróns, foron os encargados de conceder os premios.