sábado. 15.03.2025
El tiempo

Pais, nais e alumnos tratarán temas comúns nas súas escolas laxenses

Pais, nais e alumnos tratarán temas comúns nas súas escolas laxenses
Escola de Pais e Nais de Laxe

Despois do éxito das primeiras sesións de novembro e decembro, cunha media de 15-20 nais e algún pai, con fillos pequenos e tamén con adolescentes, a Escola de Pais e Nais volve á acción. Faino cos temas que lles preocupaban e que eles mesmos suxeriron. De feito, hai un interesante programa con moi bos ponentes, coa novidade de que algúns dos temas van ser tratados paralelamente na Escola de Pais e Nais, e no CPI “Cabo de Area de Laxe”.

O programa para este semestre inclúe ademais visitas familiares ós museos. Todo para seguir involucrando a un xa moi motivado e participativo grupo, e esperando que se anoten máis familias.

É moi importante que se anoten na oficina da Tecnica de Intervención Familiar, (Mariló Porteiro) para poder asistir.

Novas relacionadas

Comentarios