martes. 10.12.2024
El tiempo

O Plan de Xestión dos Penedos someterase á participación pública

  • Este sábado 19 de novembro celébrase na contorna dos Penedos de Pasarela unha concentración de papaventos
Reunión Laxe Vimianzo Penedos 1
Belén Docampo con Mónica Rodríguez e José Luís Pérez Añón
O Plan de Xestión dos Penedos someterase á participación pública

O vindeiro 24 de novembro, publicarase no DOG o Plan Xeral dos Penedos de Pasarela e Traba, dende cando haberá un mes para presentar alegacións e propostas por parte da cidadanía.

Así llo trasladou onte a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, á alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e o rexedor de Laxe, José Luís Pérez Añón, nunha xuntanza na que tamén participaron os verdadeiros artífices do Plan: a técnica de Turismo de Laxe, María Mato; o técnico de Deportes, Víctor Santos.

Expectantes están as entidades sociais e ambientais ante este documento, no que se exporán “cuestións relativas á conservación dos recursos naturais da paisaxe, incluíndo o seu patrimonio, flora e fauna; diferentes plans de conservación e mantemento deste espazo protexido, o acondicionamento de sendeiros, actividades de difusión ou o deseño de rutas accesibles, entre outras”.

Ambos concellos consideran que se trata dun proxecto “vital” para toda a comarca da Costa da Morte posto que “os Penedos de Pasarela e Traba son únicos e especiais e, para protexelos e mostralos ao mundo, é necesaria unha aposta forte e común”.

Concentración de papaventos

A Rede Galega por un Rural Vivo convoca unha concentración reivindicativa de papaventos para o vindeiro 19 de novembro na contorna dos Penedos de Pasarela. Unha cita para loitar contra a invasión de viraventos que asolagan esta singular zona xeolóxica, a pesar de estar catalogada como Paisaxe Protexida.

 

Comentarios