Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Portos abre a licitación das obras da dragaxe no porto de Laxe

Portos abre a licitación das obras da dragaxe no porto de Laxe
As mareas vivas sempre provocan desperfectos no porto de Laxe-Foto-Ojen As mareas vivas sempre provocan desperfectos no porto de Laxe-Foto-Ojen

Xa van máis de 6 anos dende que levan pedindo solventar os problemas no porto de Laxe. Coa Confraría e os Grupos municipais unidos en pé de guerra, a Xunta xa levaba varios anos incluíndo o dragado do porto de Laxe nos orzamentos anuais. E parece que desta volta vai ser certo.

O Diario Oficial de Galicia publicaba onte a apertura da licitación das obras de dragaxe do Porto de Laxe, da man de Portos de Galicia. Cun prazo de execución de 12 meses e case 3 millóns de euros, aínda quedan 26 días naturais para que as empresas poderán presentar as súas proposicións.

Aquí teñen os planos da dragaxe.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios