Soñando no mar da Costa da Morte
17:15 13/04/12
Os soños do mar é unha historia que ocorre nunha pequena vila da Costa da Morte. Nunha vila, na que a súa xente dedica toda a súa vida ó mar. Unha historia dunha xente que sae todos os días ó mar, sen saber se voltarán del. Esa vila leva por nome: Laxe. O mar é a súa vida, o seu soño... pero ás veces teñen que pagar un imposto demasiado caro. Ese imposto leva por nome: Naufraxio.
Así é a documental que presenta a produtora afincada en Carballo, Mandeo Records, e realizada por Daniel López Montero. Unha documental gravada nas augas salgadas da Costa da Morte, centrando os focos no porto de Laxe e nas súas xentes.
Mais información
Novas relacionadas
- Buscando á Emigración 2.0 para unha documental.
- Un oleiro en perigo de extinción.
- Mandeo Records invade Bergantiños.
- Mandeo Records grava outra documental na Costa.
- A bitácora da semana (CXXX): Os soños do Mar.
- Unha nova documental pechará a triloxía sobre o mar de Laxe.
- Unha vida no mar de Laxe.
- A cara social do porto de Laxe.
- A BSO dos "Os soños do mar" de Laxe.
- "Os soños do mar" de Laxe.
- O Naufraxio de Laxe, protagonista dun documental con 50 anos de historia.
- Unha reportaxe en vídeo do III Atalajazz 2009.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).