Unha nova documental pechará a triloxía sobre o mar de Laxe


Impresionante e precioso o traballo de dignificación de Mardelaxe sobre a Costa da Morte e o seu arrecendo a mar.
Primeiro, aló polo 2008, chegou Naufraxio. No 2009, fixéronnos chorar con Os soños do Mar. E en breve comezará a rodaxe da nova documental que completará a triloxía sobre a vida no mar de Laxe. Tras “Naufraxio” e “Os soños do mar”, “Caderno de bitácora” conta a vida dun fillo dun náufrago.
O proxecto da triloxía sobre a vida no mar da Costa da Morte é un proxecto que nace de Mardelaxe, baseado na dinamización turística mariñeira de Laxe. Aí é cando sae á escena a idea das documentais “Naufraxio” e “Os Soños do Mar”. E en breve farase realidade a nova documental que complete a triloxía: “Caderno de Bitácora”.
Así, estas semanas comezará a rodaxe da mediametraxe "Caderno de bitácora". O protagonista desta volta é Xan Lestedo, o fillo do mariñeiro morto en Naufraxio. En setembro agardan telo completado. Esperaremos ansiosos.
Un pouco de historia
Dani López, da produtora Mandeo Records, comezaba naquel 2008 con Naufraxio, a historia dun mariñeiro, que un día despediuse da súa muller, antes de saír ao mar, cunha corazonada: sabía que algo ía suceder. A historia repítese: "esa mesma noite, sufriu un naufraxio. Co paso dos anos, ese mariñeiro envelleceu como náufrago no leito mariño, mentres a soidade consumía á súa esposa".
Esta primeira curta tería continuidade coa longametraxe documental Os soños do Mar, centrado no impacto social dos naufraxios na Costa da Morte.
Os soños do Mar
E para que nos vos olvidades achegamos ata aquí as primeiras partes da documental Os Soños do Mar:
Os soños do mar (1/3)
Os soños do mar (2/3)
Os soños do mar (3/3)
Naufraxio
E tamén vos deixamos constancia da documental coa que todo comezou.
Novas relacionadas
- Unha vida no mar de Laxe.
- A cara social do porto de Laxe.
- A BSO dos "Os soños do mar" de Laxe.
- "Os soños do mar" de Laxe.
- O Naufraxio de Laxe, protagonista dun documental con 50 anos de historia.
A Cara máis íntima do naufraxio
Novas do audiovisual costeiro
- Unha reportaxe en vídeo do III Atalajazz 2009.
- A nova historia do Asalto en vídeo: A Lenda do Aforcado.
- A miniserie rodada nas nosas praias “Mar Libre” gaña varios certames internacionais.
- Os Crebinski triunfan nos Mestre Mateo.
- A documental Reserva Mariña de Lira segue dando exemplo en festivais de todo o mundo.
- Zas ten medo.
- A saga “Perdidous” da Cherinkas chega ao seu final.
- "Smoke", unha curta con premio dos alumnos de Laxe no Festival de Cine de Ourense.
- Laxe ten un Amigo Invisible en Sundance.
- Pinto e Cobiñas dan o salto á tele.
Vídeos de Galinus.tv
- Galinus vende os seus produtos no mercado de Cee (e na TVG).
- Galinus A Película.
- Galinus de mudanza.
- "Non somos nós" .
Vídeos naturais de Francisco Santiago López
- O Cabo Touriñán.
- "Temporal do 15".
- Jurassic Park en Corcubión.
- O Xabarín.
- O lobo.
- O Río.
- O garañón da Costa da Morte.
- Sequía no embalse da Fervenza.
- Nemancos: a terra dos bosques sagrados.
- Fauna salvaxe da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).