Mércores. 03.06.2020
El tiempo

Mandeo Records grava outra documental na Costa

Mandeo Records grava outra documental na Costa
Xa vimos en QPC o vencellamento que ten Mandeo Records coa Costa da Morte. Amosáronolo coa gravación de Caderno de Bitácora. Pero hoxe temos que falar dun novo traballo desta empresa de produción audiovisual. I é que Mandeo Records vén de comezar a rodaxe da documental Costa da Morte, A viaxe. Trátase dun video que están a facer para o GAC3 Costa da Morte, en colaboración con Mardelaxe. O traballo durará arredor de 60 minutos pero xa podemos ver o tráiler aquí. O traballo é unha produción de Zona 3 Costa da Morte, Grupos de Acción Costeira, coa colaboración do Goberno de España, o Ministerio de Medioambiente, Medio Rural e Mariño, a Consellería do Mar, e o Fondo Europeo de Pesca.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios