Sábado. 14.09.2024
El tiempo

Un Camiño que reconcilia co mundo

Un Camiño que reconcilia co mundo
2 etapa do Camino dos Faros-Foto-Lois Carballido Fermosa estampa da segunda etapa do Camiño dos Faros-Foto-Lois Carballido

“Natureza en estado puro. Rutas que reconcilian co mundo. Nada que obxectar e moito que disfrutar”.

Son as palabras dunha das 403 trasn@s nacionais (ademais dos 11 finlandeses e de varios cans) que fixeron este pasado domingo a 2º etapa da 6ª edición do Camiño dos Faros. Majose Taboada non sufriu a molladura por mor das inclemencias meteorolóxicas; non sufríu as duras costas arriba e esas baixadas de vertixe que ten a segunda etapa (probablemente a máis dura das 8); non sufriron eses camiños piquiniños tomados pola lama; eses barrancos; esas cuadas… Disfrutáronnas.

Cada trasn@ que participou nesta etapa disfrutou ao máximo. Unha etapa que foi a primeira con límite de participantes. A propia organización decatouse que a presencia de 2.000 pés a un tempo polos estreitos sendeiros non eran demasiado positivos para o terreo, e iso que ao final de cada etapa non queda nin un mísero plástico de chicle tirado por aí. O coidado destes trasn@s coa natureza é esaxerado, i é que precisamente veñen a iso.

A recompensa de superarse a si mesmo chega en forma de “marabillosas vistas” de praias, regatos, bosques… “Unha experiencia única que hai que vivir”, sinala Marga; “moi agradable o ambiente, a confianza e a solidariedade dos máis experimentados coas persoas menos habituadas”, sinalaba outra trasna nas redes sociais.

E un denominador común: “unha organización excelente”, o que demostra que cando a sociedade civil sabe coordinarse, pode chegar moito máis lonxe que ducias de administracións. Unhas administracións que están tomando nota, como dá conta a presencia do alcalde de Ponteceso Lois Carballido, o ex alcalde de Malpica, Varela Rey, ou a concelleira de Turismo de Laxe, Loli Toja.

E agora, xa preparando a seguinte etapa, de Ponteceso a Laxe, o vindeiro 17 de abril.

Carballido Toja e Varela facendo o Camino dos Faros na praia de Ninons Lois Carballido, Loli Toja e Rey Varela facendo o Camiño dos Faros na praia de Ninons

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios