Unidas Podemos critica o "discurso aporofóbico" do PP de Laxe
O grupo de Unidas-Podemos valora de "máxima gravidade e preocupación" os argumentos do Alcalde Francisco Charlín para rexeitar as alegacións sobre a taxa da pista de pádel. No pleno celebrado o pasado mes de abril o grupo de goberno do Partido Popular presentou unha subida de varias taxas e a creación doutras, entre elas a do uso da pista de Pádel.
Unidas podemos opúxose ao incremento e a creación de ditas taxas e presentou alegacións as mesmas ase mesmo fixo unha recollida de firmas entre a veciñanza en contra de este “taxazo”. Unidas-Podemos alegaba que se incluíra no texto da ordenanza un apartado que prevexa a redución do precio para aquelas persoas que se atopen en situación ou risco de exclusión social. Porén no pleno do pasado 28 de novembro, o PP rexeitou todas as alegacións.
O rexedor, Paco Charlín contestaba que "o servicio non ten carácter esencial, polo tanto, non se xustifica a necesidade de bonificacións algunha". “Existen outras opcións para a promoción do deporte gratuítas no Concello, como parques, sendeiros ou instalacións deportivas o aire libre, que poden ser utilizadas por persoas con recursos limitados", sinalaba en pleno.
"Para Unidas Podemos este discurso representa unha ideoloxía que ao noso entender discrimina aos colectivos máis vulnerables e fomenta os discurso de odio cara os mesmos. O menosprezo, a ruindade política por non chamarlle miseria política e a pouca empatía cos veciños/as aos cales din representar e deben representar como servidores públicos, quedou patente na súa resposta", denuncian.
"Nesta resposta o Alcalde está dicindo que as persoas en risco de exclusión social por razóns económicas non poden acceder a este servicio e que se vaian a pasear o monte a praia o sentarse a un parque. O grupo municipal do PP encabezado polo Sr. Francisco Charlín, están discriminando por cuestións económicas a unha boa parte da poboación de Laxe, isto raia a miseria política e incapacita politicamente aos que din representar e defender os interese dos veciños. Con este discurso en política non se pode estar nin un minuto máis".
Outro argumento do Sr. Alcalde para rexeitar a nosa alegación di así: "Introducir un sistema de reducións implica un maior custo administrativo e pode xerar problemas de xestión e control, como a necesidade de verificar a situación de cada usuario e evitar posibles fraudes".
"Ademais de pobres ven a dicir que a xente en risco de exclusión social son potenciais defraudadoras. Isto raia a Aporofia e é dun clasismo do máis rancio", denuncia Podemos.