Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela

Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela
A Dama un dos Penedos de Traba e Pasarela-Foto-Victor Santos

É a única paraxe protexida da Costa da Morte. Pero a realidade apunta a que o distintivo, acadado no ano 2009, non está a repercutir en nada. Para cambiar esa circunstancia, o Concello de Vimianzo vén de reunirse coa directora xeral de conservación da natureza para facerlle chegar distintas propostas para a posta en valor dos Penedos de Pasarela.

O alcalde, como representante do Concello de Vimanzo, trasladoulle á responsable da Xunta un programa aberto consistente en distintas iniciativas de promoción e sinalización e inistiu na necesidade de contar cun centro de interpretación para posta en valor da contorna. Tamén mostrou a dispoñibilidade do ente municipal para colaborar nas iniciativas que, neste sentido, organizara a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Recordoulle a obriga legal de contar cun Plan de conservación logo da declaración como Paisaxe Protexida e insitiu no retraso na redación do dito plan que tiña que estar rematado no ano 2011.

Antelo entregoulle distintos materiais elaborados polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM) co obxectivo de contribuír á posta en valor dos Penedos de Pasarela. Os materiais foron elaborados por intectuais de recoñecido prestixio entre os que se atopan os profesores Vidal Romaní, Xosé Mª Lema, Fernández Carrera ou o intelectual soneirán Roberto Mouzo. Estes materiais consisten nunha guía da paraxe, un DVD, distintas postais e posters, o calendario da SEMESCOM do ano 2009 ou os libros nos que se recollen os poemas dos certames de poemas sobre os Penedos de Pasarela que organizou o Seminario.

A directora xeral de conservación da natureza, pola súa parte, insistiu na falta de recursos e nas dificultades burocráticas á hora de desenvolver actividades de dinamización e posta en valor da paraxe. Con respecto ao Plan de conservación, pendente dende 2011, sinalou que non descartan a súa elaboración pero que nestes momentos a Consellaría ten outras prioridades.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios