Unha visita aristócrata ao Arquivo Vidal de Laxe

Álvaro de Marichalar no Museo do Mar de Laxe

O Arquivo Vidal, xa catalogado como Ben de Interese Cultural recibiu o pasado xoves 3 de outubro unha visita especial. O explorador Álvaro de Marichalar (a súa distinción honorífica é a de Caballero Divisero Hijodalgo del Ilustre Solar de Tejada, ademais de ter sido cuñado real) recalou en Laxe e visitou o seu Museo do Mar.

A vista foi guiada polo técnico do museo Joaquín Vidal Martínez, e na mesma foi acompañado polo alcalde de Laxe José Luis Pérez Añón, e o concelleiro delegado de Deportes e Pesca Francisco Charlín Orons. Asistiron tamén a este acto o patrón Maior da Confraría de Pescadores Manuel Villar Vidal e o secretario da mesma Antonio Devesa.

Segundo nos conta o propio Joaquí, “Álvaro de Marichalar quedou impresionado do noso museo, e en especial do seu extraordinario e extenso Arquivo Fotográfico Vidal.

A continuación realizou unha vista ao casco vello de Laxe, parándose na Casa do Arco e na Igrexa Parroquial de Santa María da Atalaia de Laxe.

Novas relacionadas

Máis novas