Luns. 21.10.2019
El tiempo

O Arquivo Vidal dá pasos para a súa declaración como Ben de Interese Cultural

O Arquivo Vidal dá pasos para a súa declaración como Ben de Interese Cultural
Foto de Laxe de Jose Vidal Foto de Laxe de Jose Vidal Logo Arquivo Fotografico Vidal-Laxe Imaxe oficial do Arquivo Fotográfico Vidal-Concello de Laxe Fantástica nova a que viviron no Concello de Laxe ao abrir o DOG deste martes 18 de setembro, no que se inclúe a incoación do expediente para declarar o Arquivo Fotográfico Vidal como Ben de Interese Cultural. Un paso fundamental (é o máis importante e máis difícil de superar) que confirma que efectivamente, o 2018 é o ano do #ArquivoVidal. A catalogación como BIC (a figura xurídica que serve para protexer o noso patrimonio) do Arquivo, suporá un meirande recoñecemento que demostra a importancia das súas singulares características culturais, sociais, históricas e artísticas deste patrimonio senlleiro e único que xa pasa a formar parte do atractivo turístico de toda a Costa da Morte. Toca esperar (semanas máis que meses) para ver a aprobación definitiva, ao tempo que dende o Concello xa están traballar para conseguir a mesma catalogación para a Igrexa de Santa María da Atalaia na categoría de monumento. A solicitude parte da Concellería de Comercio, Hostalería, e Turismo do Concello de Laxe, dirixida polo concelleiro do BNG, Xosé Manuel Pose Lema, coa colaboración dos técnicos de turismo Joaquín Vidal e María Xosé Mato. O propio concelleiro recoñece que "sentimos unha gran alegría porque a nosa vila, a nosa comarca poida gozar deste abraiante patrimonio na súa terra, xa que ás veces resutla sangrante ver como o noso patrimonio común ten que emigrar a outras terras e xa non podemos contemplalo no seu emprazamento orixinal. A deslocalización do patrimonio histórico artístico é unha forma de empobrecer a nosa terra e nós conseguimos rachar esa tendencia.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-libro-fotografico-de-vidal-desborda-ilusion/ https://quepasanacosta.gal/o-museo-do-mar-cobra-vida-co-programa-relaxese-e-o-novo-arquivo-vidal/ https://quepasanacosta.gal/2018-o-ano-da-recuperacion-do-arquivo-fotografico-vidal/

Comentarios